Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

RIESUn novo grupo de investigación pasa a formar parte da Rede RIES. Trátase do Grupo de Investigación Educativa MESTURA, da Universidade de Santiago de Compostela e pertencente ao Departamento de Pedagoxía e Didáctica, que está coordinado polo profesor Pablo Muñoz Carril.

 

 

Entre as liñas de investigación do grupo atópanse as seguintes:

  • Formación do profesorado e desenvolvemento profesional en diferentes etapas educativas (educación infantil, primaria, secundaria, universidade).
  • E-learning, tecnoloxía educativa e educación transmedia.
  • Incorporación e uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no eido educativo e curricular.
  • Asesoramento e avaliación de institucións, programas e proxectos socioeducativos.
  • Innovación educativa.
  • Prácticum e prácticas externas.
  • Expresión musical e artes escénicas na formación do profesorado.
  • Análise e interveción psicoeducativa en contextos escolares, familiares e sociocomunitarios.
  • Asesoría familiar, mediación escolar e intercultural.
  • Deseño e desenvolvemento curricular.
  • Dirección e xestión de centros.

 

 +Info:

Ficha web do grupo

Home