Meses atrás foi publicado o informe final dos resultados da investigación realizada desde o proxecto Erasmus + “Crucial Impacts on Career Choices (CICC): Investigación para comprender las influencias en las elecciones de los jóvenes en los centros educativos de primaria y secundaria”.
A investigación estivo centrada en indagar nos factores de influencia na toma de decisións académico-profesionais do alumnado, a partir da realización de revisións documentais, estudo mediante enquisa a estudantado e familias, e tamén con grupos focais a alumnado nos diferentes países participantes (Reino Unido, Grecia, República Checa, Dinamarca e España), nos que cabe salientar ás achegas do grupo DIOEP (USC) da Rede RIES.
Poden consultarse diferentes versións do informe nos seguintes enlaces:
- Informe resumido: https://bit.ly/3gMiz9r
- Informe completo: https://bit.ly/3vMIbaw