Recentemente foi publicado o artigo "Self-Regulation and Students Well-Being: A Systematic Review 2010–2020" na revista científica Sustainability. Este traballo está firmado polas integrantes do grupo GIPED da rede RIES Susana Rodríguez, Rocío González-Suárez, Tania Vieites, Isabel Piñeiro e Fátima M. Díaz-Freire.
Dito traballo é froito da investigación financiada pola Deputación Provincial da Coruña dentro do programa de bolsas de investigación 2021 en ciencias sociais e xurídicas (nº 2021000025393), dun contrato predoutoral FPI do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (PRE2018-084938) e dun contrato predoutoral da Xunta de Galicia (ED481A 2021/351).
Referencia: Rodríguez, S., González-Suárez, R., Vieites, T., Piñeiro, I., e Díaz-Freire, F. M. (2022). Self-Regulation and Students Well-Being: A Systematic Review 2010–2020. Sustainability, 14(4), pp.1-26. https://doi.org/10.3390/su14042346
Fonte: GIPED