Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

P1010289O xoves 23 de xuño, en sesión de tarde, o GI DIOEP desenvolveu na Facultade de CC. da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela un simposio para a difusión dos principais resultados do Proxecto Europeo Guide My W@y!, no que participa como socio.

A finalidade principal do citado Proxecto Erasmus+ é o deseño e implementación de diferentes recursos para a orientación da mocidade con expectativas de mobilidade (formativa e laboral) en Europa, incluíndo o desenvolvemento de formación específica de profesionais para a e-Orientación.Logo guide

P1010332Esta reunión é un anticipo local da Conferencia Internacional no seo do proxecto que se celebrará en Mannheim (HdBA/University of Aplied Labour Studies) os días 7 e 8 de xullo, e que tamén contará coa presencia de membros do GI DIOEP.