Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

DSCF2390Os profesores Antonio Rial e Margarita Valcarce, do GI GEFIL, veñen de presentar na USC as liñas temáticas do XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, que se celebrará do 18 ao 20 de novembro na EGAP, de Santiago de Compostela.

 

Nesta importante cita científica avanzarase na identificación dos retos da estratexia Europa 2020 en materia de empregabilidade e estudaranse os modelos consolidados e as boas prácticas desenvolvidas na Universidade, Administración, empresa e entidades non gobernamentais sobre os procesos de avaliación e certificación da competencia profesional dende a Lei das Cualificacións profesionais e a formación profesional de 2002.

Fonte: Xornal da USC

Máis información:LogoXVIICongr

- Noticia no Xornal da USC