Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

20161111 162611O venres ás 16.15 h. na Facultade de CC. da Educación do Campus Vida da USC tiña lugar o inicio do X Seminario Nacional de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, este ano centrado no eido da Orientación Educativa.

Logo do acto de inauguración por parte das autoridades da Xunta de Galicia, USC e Facultade, comezaba co primeiro relatorio impartido pola profesora Elena Fernández Rey, pertencente ao grupo de investigación Diagnóstico e Orientación Educativa e Profesional da USC, no que presentaría liñas conceptuais actuais sobre a temática de orientación e interculturalidade.

Pecharíase esta primeira xornada cunha mesa redonda centrada na atención á diversidade cultural dende os servizos de orientación educativa, coa presenza de especialistas do ámbito (orientadores en activo e representante do Equipo de Orientación Específico da provincia de A Coruña), na que exporían os seus puntos de vista como profesionais con responsabilidades na práctica.

O Seminario continua o sábado día 12 a partir das 9.30 h.

Ver programa aquí

+FOTOS:

bwd  Situar 1/8  fwd
20161111_162342.jpg
20161111_162344.jpg
20161111_162426.jpg
20161111_162609.jpg