O venres ás 16.15 h. na Facultade de CC. da Educación do Campus Vida da USC tiña lugar o inicio do X Seminario Nacional de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, este ano centrado no eido da Orientación Educativa.
Logo do acto de inauguración por parte das autoridades da Xunta de Galicia, USC e Facultade, comezaba co primeiro relatorio impartido pola profesora Elena Fernández Rey, pertencente ao grupo de investigación Diagnóstico e Orientación Educativa e Profesional da USC, no que presentaría liñas conceptuais actuais sobre a temática de orientación e interculturalidade.
Pecharíase esta primeira xornada cunha mesa redonda centrada na atención á diversidade cultural dende os servizos de orientación educativa, coa presenza de especialistas do ámbito (orientadores en activo e representante do Equipo de Orientación Específico da provincia de A Coruña), na que exporían os seus puntos de vista como profesionais con responsabilidades na práctica.
O Seminario continua o sábado día 12 a partir das 9.30 h.
+FOTOS: