Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

20151118 100949Entre os días 18 e 20 de novembro celebrouse na Escola Galega da Administración Pública de Santiago de Compostela o XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, organizado porlo grupo de investigación GEFIL. Nesta edición a temática a traballar nas difererentes sesións foi "A formación, a orientación e o emprego no recoñecemento, avaliación e certificación das competencias profesionais adquiridas en contextos formais, non formais e informais".

A destacar a participación de numerosos membros dos diferentes grupos da Rede RIES, como o xa citado GEFIL, o GI DIOEP ou o GI ESCULCA, coa presentación de comunicacions e pósters en relación ás diferentes áreas temáticas do congreso:

- Orientación-Formación-Cualificación.20151120 124245

- Asesoramento-Avaliación.

- Emprego-Recoñecmento.

- Acreditación-Certificación.

20151120 124237A conferencia de clausura sería impartida por Oriol Oms, colaborador do CEDEFOP, titulada o valor da aprendizaxe baseada en competencias na FP en Europa, onde daría a súa visión exprta ao respecto, complementando ao resto de conferencias impartidas por diferentes espacialistas españois e portugueses ao longo do congreso.

 

Home