Na tarde do mércores 11 de novembro, tivo lugar, na facultade de CC. da Educación do Campus Vida da USC, unha reunión dos responsables da elaboración do Informe sobre o estado da Investigación Educativa en Galicia (2002-2014), coordinada polo profesor Miguel A. Santos.
Comentáronse e discutíronse diferentes cuestións en relación á edición do Informe, que se sitúa xa na súa fase final, e que será publicado e presentado no primeiro semestre do ano 2016.