O Grupo de Investigación IDEO da Universidade de Xaén organiza do 8 ao 10 de setembro de 2016 o III Congreso Internacional sobre Diagnóstico e Orientación, dedicado nesta ocasión á "Orientación educativa na sociedade actual".
O eixo nuclear do mesmo é reflexionar sobre as funcións da orientación ante os grandes desafíos da sociedade actual, tanto no terreo educativo como no mundo do emprego, e indagar no papel que o orientador profesional ten ante os mesmos. As temáticas son diversas e tratan de dar resposta ao obxectivo final de recoller investigacións, experiencias e propostas que leven a unha maior relevancia da orientación tanto nun plano educativo como social, integrando no mesmo as variables que condicionan ou estimulan, segundo os casos, as diferentes perspectivas.
Máis información na web do congreso: http://www.ujaen.es/congreso/congresorientacion