Á profesora Rebeca García Murias, membro del GI DIOEP da USC, venlle de ser concedida una bolsa no marco do programa de axudas de apoio á etapa de Formación Posdoutoral, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C).
A formación posdoutoral comprende unha estancia de dous anos no estranxeiro, que a profesora realizará na University of Applied Labour Studies of the Federal Employment Agency: Hochschule der Bundesagentur für Arbeit (HdBA), en Mannheim, Alemania. Finalizada a estancia, retornará á Universidade de Santiago de Compostela para completar esta formación durante un ano máis.