A mañá do xoves 10 de setembro iniciose o CIATEF 2015 con múltiples actividades, destacando os obradoiros celebrados de forma simultánea con temática variada en relación coa atención temperá e a educación familiar (tecnoloxías, sistemas aumentativos e alternativos de comunicación, intervención psicomotriz).
A continuación desenvolveríanse diferentes simposios, tamén simultáneos, centrados na familia e a atención temperá, e a convivencia coa discapacidade.
No traomo final da sesión de mañá terían lugar as presentacións das comunicacións das seguintes áreas:
- Estratexias inclusivas, intervención educativa e rendemento.
- Escola e familia.
- Indicadores, diagnóstico e intervención en discapacidades.
- Problemas familiares e apoio institucional ás familias.
Na sesión da tarde, e xa no Pazo de Fonseca, realizaríase o Acto Inaugural, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Sr. Alberto Nuñez Feijóo, o Alcade da cidade de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, o Reitor da USC, Sr. Juan Viaño, o Director do Real Patronato sobre a Discapacidade, Sr. Ignacio Tremiño, e a Presidenta do comité organizador do Congreso, Sra. María José Buceta.
De seguido, o Dr. Manuel Posada (Instituto de Investigación en Enfermedades Raras, Instituto Carlos III de Madrid) sería o encargado de impartir a conferencia inaugural, tiutlada, nuevas perspectivas en el estudio del autismo.
Logo dun breve descanso, continuaría D. Juan Belda (Federación Estatal de Asociaciones Profesionales de Atención Temprana), coa conferencia plenaria titulada, Modelos, pseudomodelos y burbujas terapéuticas.
Para finalizar, celebraríase un acto social no Pazo de Raxoi, con recibimiento por parte da corporación municipal, e na que o Profesor Miguel Santos e o Alcalde compartirían unhas breves palabras cos alí presentes.
O resumo do programa para o venres 11 de setembro descrébese do seguinte xeito:
9.30-10-30h. Conferencia plenaria. Dr. Gonzalo Musitu.
10.30-12:00h. Simposio 3 e Simposio 4.
12.00-12.15h. Descanso.
12.15-13.15h. Conferencia plenaria. Dr. Juan Escámez.
13.15-14.30h. Pósteres.
16.00-17.00h. Conferencia plenaria. Dra. María Cardelle-Elawar.
17.00-17.15h. Descanso.
17.15-18.30h. Simposio 5 e Simposio 6.
18.30-19.30h. Conferencia Plenaria. Dña. Mª Teresa Busto.
19.30-20.30h. Mesas de comuncacións.
20.30h. Acto social.
Máis información no programa ampliado: http://www.usc.es/congresos/ciatef15/es/programa
Sigue o día a día do CIATEF 2015 no seu Facebook oficial: https://www.facebook.com/ciatef15