O GI ESCULCA organiza un ano máis o IX Seminario de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante (Educar na diversidade cultural dende as Ciencias Sociais), que terá lugar os días 13 e 14 de novembro de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da USC.
A matrícula realizarase na páxina web www.usc.es/esculca do 14 de outubro ao 9 de novembro de 2015.