Contiúa a oferta de xornadas e congresos de temática educativa que poderían ser de intertese aos lectores da web RIES:
- 8th World Conference on Educational Sciences (Madrid, 4-6 de febreiro de 2016).
- IV Congreso Ibérico: A Fenda Dixital: TIC, NEAE, INCLUSIÓN E EQUIDADE (Santiago de Compostela, 7-9 de abril).
- IV Congreso Internacional EDO (Barcelona 11-13 de maio de 2016).
- 4th International Congress of Educational Sciences and Development (Santiago de Compostela, 23-25 de xuño de 2016).
- 5º Congreso Internacional Multidisciplinar de Investigación Educativa (Sevilla, 30 de xuño e 1 de xullo de 2016).
- 8th World Conference on Educational Sciences. Madrid, do 4 ao 6 de febreiro de 2016.
Esta conferencia ten como obxectivo reunir aos científicos educativos, administradores, conselleiros, expertos en educación, profesores, estudantes de posgrao, organizacións e representantes da sociedade civil para compartir e discutir coñecementos teóricos e prácticos na contorna científica.
Máis información na web da conferencia: http://www.globalcenter.info/wces
IV Congreso Ibérico: A Fenda Dixital: TIC, NEAE, INCLUSIÓN E EQUIDADE. Desenvolverase na Facultade de CC. da Educacación de Santiago de Compostela, do 7 ao 9 de abril.
A través do Congreso, preténdese crear un espazo de encontro internacional co fin de xerar debate sobre o estado actual das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nos diferentes contextos educativos. Especificamente o obxectivo principal do Congreso é analizar as posibilidades que as TIC poden ofrecer para contribuír ao desenvolvemento de procesos de inclusión educativa, á abordaxe das necesidades educativas especiais e a facilitar ou promover a igualdade. O Congreso da Fenda Dixital constitúe tamén un contexto de intercambio sobre experiencias e de proxectos de investigación innovadores, favorece o feed-back e a reflexión entre docentes, educadores-as sociais, pedagogos-as, asistentes sociais, psicólogos-as, e outros-as participantes, coa finalidade de analizar criticamente o papel que as TIC teñen desempeñado no ámbito académico e nos contextos sociocomunitarios. Así mesmo, préstase unha atención especial neste Congreso a coñecer aquelas experiencias nas que as TIC están a desenvolver un papel fundamental na integración da diversidade de colectivos sociais.
Máis información na web do congreso: https://fendadixital.wordpress.com
IV Congreso Internacional EDO, que terá lugar en Barcelona do 11ao 13 de maio de 2016, e cuxos obxectivos son:
- Analizar e debater sobre a realidade e perspectivas da aprendizaxe situada e conectada nas organizacións.
- Fomentar o intercambio de experiencias e boas prácticas sobre a promoción da aprendizaxe o posto de traballo.
- Promover liñas de traballo conxuntas entre Universidade, Administración pública e sector privado no ámbito da creación e xestión do coñecemento en rede.
- Coñecer e valorar os estudos e investigacións relacionadas coa aprendizaxe informal, a xestión do coñecemento e os novos formatos de aprendizaxe.
- Establecer pontes institucionais para potenciar a análise da aprendizaxe informal e o seu papel no desenvolvemento profesional e organizativo.
- Impulsar o establecemento de vínculos e liñas de traballo conxuntas entre a universidade e a sociedade relacionadas co desenvolvemento de novos formatos de aprendizaxe nas organizacións.
Máis información na web do congreso: http://edoserveis-uab.cat/congreso2016
4th International Congress of Educational Sciences and Development, que se celebrará en Santiago de Compostela do 23 ao 25 de xuño de 2016.
Nestes momentos, e ata o 9 de novembro realízase a invitación para facer propsotas de Simposio Invitado na que se presenten achegas científicas ou profesionais (90 minutos e catro ou cinco comunicacións oriais de 15 minutos para posterior debate). Enviarase a prosposta en word onde se recollan as seguintes cuestións:
- Nome e Mini curriculum vitae do coordinador/a (100-150 palabras)
- Título do simposio
- Breve resumo do simposio, incluíndo os títulos das comunicacións que o compoñen (100-150 palabras)
- Fotografía tipo carnet en formato JPG
Dirección de envío: simposios@congresoeducacion.es
Idiomas oficialis: Castelán, Inglés e Portugués
Próximamente máis información.
5º Congreso Internacional Multidisciplinar de Investigación Educativa a celebrar en Sevilla o 30 de xuño e o 1 de xullo de 2016.
Recollerá as seguintes temáticas:
- Multiculturalismo e minorías étnicas
- Educación de Persoas Adultas
- TIC e Educación Mediática
- Xénero
- Políticas Educativas baseadas en evidencias
- Educación infantil e primaria
- Educación secundaria
- Estudos do currículo
- Educación inclusiva
- Formación do Profesorado
- Escola, Familia e Comunidade
- Excelencia en investigación e docencia universitaria
- Educación para o Desenvolvemento para a Cidadanía Global
- Relixión e Espiritualidade na Educación e a Sociedade
Máis información na web do congreso: http://amieedu.org/cimie