Dende o GI ESCULCA e a Rede RIES estase a traballar no X Seminario Nacional de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante. Experiencia e Innovación, que nesta edición se centrará na xestión da diversidade cultural desde a orientación no sistema educativo.
O Seminario celebrarase os días 11 e 12 de novembro de 2016 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela.
A actividade ten solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado (10 horas).