A profesora Paula Outón (ESCULCA), recoñecida especialista na Dislexia a nivel nacional, participa activamente xunto co seu alumnado do Grao de Mestre en Educación Infantil da Facultade de CC. da Educación (USC) na campaña “Se llama dislexia”.
A iniciativa trata de facer visible este trastorno á sociedade. Que todo o mundo experimente a dificultade que ten un disléxico/a cando escribe. A campaña foi iniciada por un neno de 11 anos chamado Antonio, que propón escribir “Se llama dislexia” coa man non dominante, e logo publicar a fotografía do texto nas redes sociais.