Do 5 ao 7 de novembro celebrarse na Facultade de Ciencias da Educación da Coruña o 5º Congreso Mundial do Deporte Escolar, Educación Física e Psicomotricidade, coa participación da profesora Margarita Pino, coordinadora do GIES10 da Universidade de Vigo, no comité científico e mediante o desenvolvemento dun curso/taller denominado "Deseño de Unidades Didácticas Integradas en Educación Física", no que se desenvoverán os seguintes contidos:
- Concenciarse sobre a necesidade dun cambio educativo para o alumnado do Século XXI.
- Estratexias para o traballo por competencias clave e a súa coherencia cos diferentes elementos curriculares.
- Adquirir destrezas e habilidades para o manexo de técnicas activas na aula que permitan unha maior motivación do alumnado.
- Deseño de elementos de avaliación acordes coas estratexias didácticas e principios educativos que se indican no novo curriculum.