Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

3206Ofertada unha praza de investigación no marco do Programa Ramón y Cajal con perfil na área temática de Ciencias da Educación na USC. Esta praza responde á solicitude realizada dende o GI ESCULCA e cos seguintes obxectivos:

  • Lograr maior grao de especialización na liña estratéxica do Grupo "Educación Intercultural e Fluxos Migratorios", para que poda ser máis competitivo e teña maiores oportunidades de transferencia.
  • Activar liña traballo sobre 'Transición ao mercado laboral dos mozos procedentes da inmigración' conectando traxectoria escolar, formación, inserción e mobilidade laboral.
  • Reforzar competencias do grupo en investigación cualitativa.
  • Potenciar canles de colaboración con outros Grupos de Investigación nacionais e internacionais a través da integración en redes de investigación.

As actividades desenvolveránse co apoio do Departamento de Teoría e Historia da Educación, o propio Grupo de Investigación e dúas Redes de Investigación entre as que se atopa a Rede RIES.

Máis Información neste enlace

Home