Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

20171107_104344.jpg

Na tarde do mércores 8 de novembro remataban as sesións de formación impartidas por Joyce Epstein, da Johns Hopkins University (EE.UU), recoñecida especialista no ámbito da educación, familia e escola.

Estas sesións formaban parte do Seminario Internacional “Programas efectivos para mellorar a implicación das familias nas escolas”, organizado polo grupo ESCULCA da RIES, e desenvolto do 6 ao 8 de novembro na Facultade de CC. da Educación do Campus Vida da USC.

Durante as tres sesións, a profesora Epstein compartiría as súas experiencias investigadoras e prácticas en relación ao tema, presentando inicialmente o corpo teórico sobre a eficacia dos programas relacionados coa escola, a familia e a comunidade na mellora do éxito escolar, pasando pola organización da práctica na procura do éxito escolar a partir da configuración de equipos de intervención (alianzas familia-escola-comunidade), para finalizar cun achegamento ao tema dos deberes escolares como oportunidade para a interacción entre escola e familias e o fomento da implicación parental.

+Info

 Epstein's Framework of Six Types of Involvement (PDF-UNICEF)

20171106_130232.jpg

 

20171106_130237.jpg

Home