A tarde do mércores 7 de outubro, tiña lugar unha reunión na Facultade de CC. de Educación no Campus Norte da USC, entre o Concelleiro de Educación, Manuel Dios, máis o Técnico e Director do Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, e diverso profesorado da Facultade, entre o que se atopaban numerosos membros da Rede RIES, coa finalidade de iniciar un proceso que leve ao deseño dun Plan Educativo para a Cidade de Santiago de Compostela.
Nas próximas semanas iranse concretando as liñas de traballo que conducirán á elaboración do citado Plan, que pretende desenvolverse durante os próximos anos na capital de Galicia.
Máis información na web do Concello de Santiago