O próximo luns 23 de outubro ás 11 horas, terá lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a presentación do Informe sobre os Deberes Escolares, elaborado polo Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED) da Rede RIES, dirixido polo profesor Antonio Valle, xunto coa colaboración de colegas da Universidade de Oviedo e da Universidade do Minho (Braga), e editado pola Cosellería de Educación da Xunta de Galicia.
No acto intervirá o Conselleiro de Educación, o Decano da Facultade de CC. da Educaicón da UdC e o propio profesor Antonio Valle.
+Información
O informe será entregado en papel o día do acto.