Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

DSC02683.JPGO luns 23 de outubro tiña lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, a presentación do Informe sobre os Deberes Escolares, froita da investigación realizada dende o grupo da rede RIES GIPED, da Universidade da Coruña, dirixido polo profesor Antonio Valle.

O citado informe achega resultados de interese á comunidade educativa, entre os que cabe resaltar:

  • O aproveitamento do tempo dedicado á realizar os deberes escolares decrece segundo o alumnado pasa a cursos superiores.
  • A importancia do feedback realizado polo profesorado e o apoio afectivo das familias aos nenos e nenas nas tarefas escolares.

O seguinte paso da investigación vai encamiñado ao deseño dunha proposta efectiva baseada en evidencia empírica.

Fonte da noticia: La Voz de Galicia

 DSC02684.JPG

go24p14g1

Home