O Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela, presentou o informe elaborado polo GI ESCULCA sobre "Os Programas de Educación non Formal e a Empregabilidade da Xuventude en Galicia".
Este informe realizouse no marco dun convenio asinado en abril de 2015 entre a Consellería e a USC, e tivo como eixos os Programas Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil e Galeuropa, desenvoltos pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.
No citado informe conclúese que os participantes nestes programas melloraron o seu capital social e cultural por medio do establecemento dunha rede de contactos útiles en termos de empregabilidade, ademais de incrementar o seu capital humano a través do desenvolvemento de competencias transversais e aumentaron a súa madurez, ademais de fortalecer o seu carácter.
Ver resumo do informe: http://www.usc.es/esculca/ed_non_formal_empregabilidade.pdf
Fontes da noticia: