A organización do IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar, na que participan numerosos membros da Rede RIES, intensificou a súa actividade nestes días previos á celebración do evento, que contará cunhas 200 persoas entre asistentes e conferenciantes.
A tres días da apertura e acto de inauguración, que será o vindeiro xoves día 10 de setembro, celebrouse unha reunión de coordinación para matizar diferentes cuestións en prol de grantir a máxima calidade no desenvolvemento das diferentes actividades do congreso.
Cabe lembrar que o xoves día 10, en sesión de mañán (dende as 9 horas), nas Facultade de CC. da Educación e Psicoloxía do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, poderanse recoller as acreditacións e participar xa nos diferentes Obradoiros (no caso de terse matriculado), Simposios e Mesas de Comunicacións. Na sesión de tarde terá lugar o acto inaugural (16:15 horas), que se realizará no Pazo de Fonseca.