Os días 13 e 14 de outubro, membros do grupo ESCULCA e do grupo GEFIL peresentaron as súas contribucións no VIII Congreso Nacional y III Internacional de Aprendizaje-Servicio Universitario, celebrado na Universidade Pablo de Olavide de Sevilla.
Co lema "Derribando Muros. El compromiso de la Universidad con la justicia social y el desarrollo sostenible", o congreso, tería entre os seus obxectivos coñecer experiencias de ApS como ferramenta de docencia, intervención e investigación social; debater sobre os resultados atopados nas investigacións e avanzar na construción de coñecemento científico útil para a mellora da docencia e a transformación social; fortalecer o traballo coa metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo como ferramenta que permite vincular investigación, docencia e compromiso social.
+Información