Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

20150911 104516O venres 11 de setembro, festivo na USC por coincidir co acto inaugural do curso académico 2015-2016, o CIATEF non afrouxaría o seu ritmo e continuou desenvolvendo as súas actividades en todo o complexo de edificios das Facultades de CC. da Educación  e Psicoloxía. Conferencias plenarias, simposios, pósteres e as últimas mesas de comuncacións encherían o programa ofertado aos asistentes.

Os factores de protección na adolescencia, as crises na infancia, a forza da familia na educación para o éxito, a educación familiar e o consumo de drogas, a familia americana, a educacion e a escola, a educación familiar e os servizos sociais, etc. seráin algús dos temas desenvoltos con pasión polos diferentes conferenciantes e relatores.20150911 124454

Tamén habería tempo para que asistentes e poñentes compartiran impresións en diferentes pausas para o descanso.

A última sesión do Congreso terá lugar o sábado 12 de setembro, esta vez no Pazo de Fonseca.

 

O resumo do programa fica do seguinte xeito:

9.30-11h. Simposi20150911 125348o 7.

11.15-12.15h. Conferencia Plenaria. Dr. José Luis Pedreira Massa (Hospital Infantil Universitario Niño Jesús, Madrid)

12.15-12.30h. Descanso.

12.30-13.30h. Conferencia de Clausura. Dr. Ángel Carracedo Álvarez (Universidade de Santiago de Compostela)

13.30-14h. Clausura do Congreso.

 

Facebook oficial: https://www.facebook.com/ciatef15

Home