Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

20150912 123706A mañá do sábado 12 de setembro, e nun escenario propicio para a ocasión, o Salón Nobre do Pazo de Fonseca, tiña lugar a última sesión do CIATEF 2015. O cansanzo acumulado nos participantes iríase disipando segundo transcorrían as últimas ponencias a cargo do Dr. Pedreira, xunto coa de clausura realizada polo Dr. Carracedo, onde nos falou das innovacións na investigación xenética e a súa aplicación práctica xunto coa atención temperá.

Remataría o Congreso cunha entrañable cerimonia dirixida pola Profesora Dra. Mª José Buceta e posterior entrega final de diplomas acreditativos aos asistentes ás diferentes actividades desenvoltas nestes intensos tres20150912 112816 días.

A organización agradece moito a presenza de todos e todas os que viñeron compartir connosco estas apasionantes xornadas. Desculpar os erros cometidos e posibles contratempos. E animamos á participación na próxima edición.

Mil Grazas!

 

 Os membros da Rede RIES colaboradores na organización do CIATEF 2015

Home