A Universidade de Vigo salienta na súa web a celebración das Xornadas de Grupos de Investigación da Rede RIES, Investigación e Divulgación Científica, coordinadas polo GIES-10 da Rede RIES, dirixido pola profesora Margarita Pino. Entre as principais motivacións do evento destaca o feito de afondar na importancia de achegar a investigación, a divulgación do coñecmento científico, á sociedade.
Estas xornadas terán lugar o próximo xoves 19 de outubro na Facultade de CC. da Educación e do Deporte (Pontevedra).
A inscrición é gratuita e pode realizarse dende o seguinte enlace: https://es.surveymonkey.com/r/Xornada_Invest_RIES
+Información