Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

DSC02000.jpgO pasado mércores día 15 de xuño ás 12 h. tivo lugar no MUPEGA de Santiago de Compostela a presentación do libro "A Investigación Educativa en Galicia. 2002-2014", editado polo catedrático Miguel A. Santos Rego (coordinador da rede RIES) e publicado pola Editorial Galaxia.


Na publicación participaron investigadores e investigadoras das tres universidades galegas (moitos deles pertencentes, ademais, á Rede RIES) coa finalidade última de poñer en valor o traballo desenvolto en numerosas áreas da educación: teoría, filosofía e socioloxía, historia, psicoloxía, educación social e intercultural, didáctica, organización escolar e innovación educativa, tecnoloxía educativa e formación do profesorado, formación e orientación ó longo da vida, metodoloxía de investigación, lingua galega, didáctica das ciencias experimentais e matemática, didáctica das ciencias sociais e didáctica da expresión musical, plastica e coporal.

978849865697

Segundo o seu editor, Miguel Santos, co libro trátase de poñer a disposición das institucións e da sociedade en xeral un conxunto de referencias, datos e análise nos que se reflicte a continuidade do compromiso co avance do coñecemento educativo en Galicia.

A presentación, que contou coa presenza de Román Rodríguez (Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) e Victor Freixanes (Director da Editorial Galaxia), tivo un grande éxito, completando o aforo do salón de actos do MUPEGA con moitos dos autores da obra, profesorado das CC. da Educación e outros profesionais do ámbito educativo de Galicia.

O libro está xa dispoñible en diferentes librarías e na propia Editorial Galaxia: ver ficha

 

DSC01989.jpg   DSC01990.JPG
 DSC01992.JPG  DSC01997.JPG

Home