O pasado xoves 23 de novembro celebrouse na Facultade de Matemáticas da USC o Seminario Responsabilidade Social e Innovación Educativa: a Aprendizaxe-Servizo como ferramenta para a inserción laboral, organizado coa colaboración do grupo ESCULCA da RIES.
Nel desenvolveuse una análise de accións que se están levando a cabo na USC, como son a proposta de institucionalización das ApS ou os recursos para a inserción e participación, etc., así como un obradoiro práctico e unha presentación dos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
Fonte: Xornal da USC