O pasado 2 de febrero tería lugar unha xuntanza dos representantes dos Grupos de Investigación da Rede RIES para planificar a actividade deste ano.
Asistirían Miguel A. Santos Rego (Coordinador da Rede), Lorena Casal Otero, Mª Teresa Díaz García, Elena Fernández Rey, Mar Lorenzo Moledo, Mª José Méndez Lois e Antonio Valle Arias.
A reunión centrouse na planificación das actividades da Rede para o ano 2018. Debatéronse e acordáronse propostas englobadas nos seguintes apartados:
- Organización de eventos (Congresos, Seminarios e Xornadas): desenvolveranse, por exemplo, o IV Seminario Aprendizaxe-Servizo non universitario; o XII Seminario Nacional de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante; ou unha nova edición do Seminario sobre revistas científicas en educación.
- Actividades de formación, entre as que se realizarán un curso de metodoloxía de investigación e outro sobre redacción científica.
- Elaboración dunha publicación conxunta dos Grupos que compoñen a Rede.
- Convocatoria de axudas para estadías de persoal en formación da Rede RIES.