Achegamos o avance do que será o XX Congreso Internacional de norte de Portugal-Galicia de formación para o traballo, co-organizado polo grupo GEFIL (USC) da Rede RIES, a celebrar en O Porto os días 28 e 29 de xuño de 2018.
“Traballo digno, emprego sustentable e desenvolvemento humano: desafíos da/para a formación” é o tema do XX CONGRESO INTERNACIONAL DE NORTE DE PORTUGAL-GALICIA que terá lugar os días (28 e 29 de xuño) no Auditorio do Conservatorio de Música do Oporto (Portugal). Organizado polo Instituto de Emprego e Formación Profesional da Rexión Norte de Portugal e o Grupo galego de estudos para a formación e inserción laboral (GEFIL) da Universidade de Santiago de Compostela.
O traballo como motor de desenvolvemento humano (tomado do Informe de Desenvolvemento Humano de 2015) será o desafío para comezar o debate sobre o sentido, significado e obxectivos da formación para o traballo nun escenario no cal se considera que nos atopamos no peor momento para ser un traballador/a só con cualificacións e aptitudes comúns.
- Que tipo(s) de traballo e emprego marcarán os territorios profesionais do futuro das nosas sociedades?
- Que emerxerá da confrontación do traballo e o emprego co inevitable cambio climático?
- Que formación para que traballo(s)? con modelos de formación 4.0 (fantaseando entre a incorporación da intelixencia artificial e/ou robotización de procesos)?
- Que lugar para a mediación humana nos procesos de aprendizaxe, na (re)conciliación con investimentos educativos e o apoio, aconsellamento e orientación?
A velocidade dos procesos de aprendizaxe en ambientes tecnolóxicos, envolvendo dimensións cognitivas cada vez mais complexas, esbarra frecuentemente (e até de forma contraditoria) co prevaleza “doutras” competencias persoais, construídas nas iteracións das persoas coas complexidades diarias dos múltiples papeis da existencia, onde se acentúa a importancia da solución creativa de problemas, a innovación, adaptación e flexibilidade e, sempre, sempre a prioridade do aprender ao longo da vida.
Na construción dun espazo para todos, onde a dignidade de traballar se afirma tamén polo seu sentido do traballo digno e con dereitos, con protección e diálogo social, importa discutir o lugar da formación como espazo de aceso a un coñecemento científico-tecnolóxico sempre en actualización. Formación tamén como alicerce da formación integral e inclusiva, de afirmación de cidadanía, da relevancia de ferramentas básicas e aprendizaxes esenciais para a vida e para o traballo: artes, filosofía, actividade física.
Nesta contexto de novos desafíos de gran complexidade, o congreso vai discurrir oredor das seguintes temáticas, para as cales se pode comezar a pensar en COMUNICACIÓNS E PÓSTERS.
- O traballo digno e a dignidade de traballar.
- Formar para a cualidade de vida e desenvolvemento sustentábel.
- Contextos de traballo - espazos de afirmación da cidadanía.
- Alteracións climáticas e os “climas da formación”.
- Novas literacias.
- Voluntariado(s): que aprendizaxes
- Industria 4.0 - Novos modos de formación para o traballo?
- Intelixencia artificial e as aprendizaxes reais.
- Orientación ao longo da vida: profesionais en liña?
Próximamente, poderemos proporcionar información acerca do programa, normas de inscrición e participación, estancia, etc.
Un cordial saúdo,
Antonio Rial Sánchez e Margot Valcarce Fernández
GRUPO GEFIL - USC