O pasado 2 de marzo presentouse no Pazo Provincial de Ourense, o libro Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, coordinado polos profesores do grupo GEFIL, Margarita Valcarce e Antonio Rial, no que se analiza o valor do traballo e as debilidades que se presentan no ámbito laboral en épocas de crise.
O tema central do libro é a vulnerabilidade, que aumenta nos momentos de crise económica, polo papel preponderante que ten o valor do traballo na sociedade. Neste sentido, enténdese que a orientación e a formación son esenciais para reverter os efectos da vulnerabilidade e impedir que as persoas entren en escenarios máis complicados como poder ser a exclusión social. O libro está organizado en tres apartados: a orientación, a formación e a comunidade.
Fonte da noticia: Deputación de Ourense