Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

web concurso

O pasado día 6 de setembro, na Facultade de CC. da Educación do "Campus Vida" da USC, tivo lugar a reunión do xurado para a resolución do "Concurso para a selección de materiais RIES" que foi convocado o pasado mes de abril.

O xurado estivo formado polo Coordinador Xeral da Rede RIES, o Catedrático de Universidade Miguel Anxo Santos Rego, e como vogais figuraban como integrantes da propia Rede as Profesoras Elena Fernández Rey e Mª José Méndez Lois, disculpando a súa ausencia a Profesora Margarita Pino Juste, da UVigo, por atoparse no estranxeiro. Como avaliadores externos e tamén vogais do xurado, figuraron a mestra de Educación Infantil Luz González Vázquez,da "Escola Infantil Breogán" da USC; Francisco Xabier Cernadas Ríos, mestre do "CEIP A Mahía" de Bertamiráns; e Margarita Lobato García, profesora do "IES Porto do Son".

En total, foron seis os candidatos, cun total de nove traballos que entraron a concurso.

Tras unha primeira análise por parte do xurado, e seguindo os criterios establecidos nas bases, considerouse que sete destes traballos non cumplían nalgún dos puntos as condicións básicas, polo que foron excluídos.

Finalmente, considerouse outorgar o 1º premio da modalidade A, dentro da categoría de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), e cunha dotación de 750 €, ao traballo que leva por título "La educación intercultural en el aula de Lengua Castellana y Literatura", e que foi presentado por Dona Concepción Varela Portela.

O acta atópase a disposición pública, tanto na rede, como no taboleiro da Facultade.  

Home