O pasado 25 de maio, e coa coorganización do grupo ESCULCA (USC-RIES), celebrábase o II Simposio Internacional de ApS na Universidade, na Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela.
Perspectivas de futuro sobre o ApS nas universidades, o seu impacto, a súa institucionalización así como exemplos de boas prácticas serían os temas sobre os que xirou esta nova edición que contaría cun bo número de profesionais do ámbito educativo universitario e non universitario.
+Fotos: