Os profesores Agustín Godás (ESCULCA) e a profesora Elena Fernández (DIOEP) son os investigadores principais do Proxeto "Implicación Familiar y Rendimiento Académico en Educación Primaria. La efectividad de un programa para padres y madres", IMPLICA2.
Desenvolto no seo dos "Proyectos de I+D+I, del Programa Estatal de Investigación, Desarrollo e Innovación orientada a los Retos de la Sociedad" do Ministerio de Economía e Competividade, ten como obxectivos xerais:
- Identificar os elementos que determinan os logros académicos nos que a implicación familiar, o profesorado e o alumnado teñen unha presenza clara e obxectiva.
- Deseñar, implementar e avaliar un programa susceptible de optimizar as actuacións deste tres axentes, coa idea de mellorar o rendemento académico do alumnado.
Máis información na Web do proxecto