Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

xii seminario alumnado inmigranteDifúndese o programa definitivo do XII Seminario Nacional de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante. Experiencia e Innovación, que se desenvolverá os días 9 e 10 de novembro de 2018, e que nesta nova edición centrarase no "Cine e a música como recursos educativos para o desenvolvemento intercultural".

O Seminario celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela baixo a organización do GI ESCULCA e a Rede RIES.

A actividade ten solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado (11 horas).

Home