Do 1 ao 3 de maio tiña lugar entre Derby e Buxton (Reino Unido) unha nova reunión do Proxecto Erasmus + Crucial Impacts Career Choices (CICC), no que participa como socio o grupo DIOEP da Rede RIES.
Entre os temas de traballo abordaríanse aspectos sobre a metodoloxía de investigación do proxecto, sobre a revisión de literatura e en relación aos instrumentos de recollida de información, ademais doutras cuestións de carácter administrativo.