Do 8 ao 12 de xullo celebrarase no Concello de Lalín unha nova edición do Curso de Verán da USC "Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: feminismo, violencias e coeducación", dirixido pola profesora Mª José Méndez Lois (GI GEFIL).
Os obxectivos do curso son debater sobre a educación en igualdade nos ámbitos educativo e social, favorecendo unha reflexión sobre a igualdade como compromiso educativo e facilitar o encontro de profesionais dos distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, especialmente o profesorado, buscando o intercambio de experiencias e o apoio mutuo.
+Info e matrícula (USC): http://www.usc.es/gl/servizos/cultura//veran#lalin