Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

Premio SantosAo inicio do curso académico, o profesor Miguel A. Santos Rego, coordinador da Rede RIES e do GI ESCULCA, foi recoñecido como persoeiro para o Premio Humanístico convocado para o curso 2019-2020 polo IES Xulián Magariños de Negreira (A Coruña).

O citado IES, co fin de fomentar o gusto pola investigación, convoca cada curso académico dito premio para un traballo realizado polo alumnado, alternando entre o ámbito humanístico e o científico. Este premio anual leva o nome dunha persoa que se considera que ten desenvolvido unha traxectoria exemplar no ámbito académico e pode ser un acicate para o  alumnado do centro educativo. Nesta ocasión foi nomeao o profesor Santos, honrando deste xeito a súa traxectoria docente e investigadora.

O coordinador da RIES agradeceu dito nomeamento no acto celebrado o 9 de outubro de 2019 IES Xulián Magariños.

 

Fontes

IES Xulián Magariños

Grupo ESCULCA

Home