Do 28 ao 30 de outubro, Elena Fernández e Cristina Ceinos, do grupo DIOEP da RIES, participarían nunha nova xuntanza de traballo do Proxecto Europeo Erasmus + “Crucial Impacts on Career Choices (CICC)” celebrada no VIA University College (VIA) de Aarhus (Dinamarca).
Os principais temas de traballo estiveron centrados na revisión da literatura sobre orientación da carreira feita xa polos diferentes socios, na exposición sobre a aplicación de cuestionarios sobre orientación da carreira ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria e ás súas familias, e sobre os primeiros resultados dos “focus group” (con mozos e mozas dos grupos de idade estudados), ademais de presentar o segundo informe de difusión das actividades do proxecto, elaborado polo grupo DIOEP. Así mesmo, avanzouse tamén a metodoloxía a empregar nos “research circles” (con profesionais da orientación en activo e investigadores) en fases sucesivas dos proxecto.