O venres 19 de maio celebrouse na Facultade de CC. da Educación da USC (Campus Vida) una nova edición do Seminario Nacional de Formación para o Traballo, centrado nos novos horizontes da Pedagoxía Laboral, e coordinado polos GI GEFIL e ESCULCA da Rede RIES.
Ao longo da sesión de mañá e tarde desenvolveríanse e debateríanse diferentes temas arredor de aspectos teóricos clave, resultados de investigacións e, sobre todo, experiencias, grazas á participación de especialistas universitarios e profesionais do ámbito da formación para o traballo, extraéndose como grande conclusión a necesidade imperiosa de vincular racionalmente os ámbitos formativos e profesionais no contexto galego e nacional (Rial, 2017).
+Fotos