Vén de presentarse o I Certamen Proyecta D+I, convocatoria de ámbito nacional dirixida a premiar aos docentes que destacan por ter ideas que esperten o entusiasmo do seu alumnado, usar metodoloxías coas que sacan o mellor deles, ter a actitude de buscar outra maneira de facer as cousas...
- O Certame diríxese a docentes, en activo ou non, de todos os niveis educativos non universitarios do territorio nacional.
- Pode presentarse candidatura propia ou nominar a outro docente.
- As nominacións poden partir tamén do alumnado, pais e nais ou dun centro educativo.
Nesta primeira edición estableceuse un premio en metálico de 10.000€ para o gañador/a.
Tamén se poderá conceder algún accésit a candidaturas finalistas que destaquen pola súa calidade.
A inscrición estará aberta ata o 20 de abril de 2016.
Máis información neste enlace