Do 21 ao 23 de abril de 2016 celebrarase en Sevilla o CONGRESO INTERNACIONAL DE INNOVACIÓN E TECNOLOXÍA EDUCATIVA EN EDUCACIÓN INFANTIL (CITEI 2016).
O Congreso, baixo a lema ENTRELAZANDO INVESTIGACIÓN E PRÁCTICA PARA O SÉCULO XXI, ten como obxectivo debater o uso das tecnoloxías dentro e fóra das aulas de infantil.
Trátase de UNIFICAR ESFORZOS E FACER PROPOSTAS que aglutinen ideas que respondan ás preocupacións de todos/as. Que estean orientadas tanto á prevención, seguridade e bo uso, como ao intercambio de experiencias, innovacións e investigacións.
Está dirixido tanto a académicos como a profesionais e estudantes do campo da educación, socioloxía e psicoloxía interesados/as en compartir coñecementos e experiencias neste ámbito. O prazo para inscribirse ao congreso segue aberto até o 18 de abril.
Na páxina web do congreso, http://citei16.us.es pode atoparse toda a información respecto de como realizar a inscrición, modalidades de traballos a presentar, áreas temáticas, así como localización, aloxamento e outras informacións de interese.