En breves datas (30 de setembro) e ata finais de marzo de 2018, o GI GEFIL desenvolverá o Curso de Especialización en Formación Pedagóxica e Didáctica do Profesorado Técnico de Formación Profesional na Faculatde de CC. da Educación da USC.
Con carácter semipresencial e acreditado pola Administracion Educativa, o curso, destiando preferentemente a docentes en activo, pretende facilitar ás persoas que non poden cursar o Master de Profesorado de Secundaria, o acceso a unha formación pedagóxica e didáctica que lle sexa recoñecida e acreditada oficialmente.
+Info na Web do GEFIL: https://sites.google.com/view/grupogefilusc/eventos/curso-de-especializaci%C3%B3n-pedag%C3%B3xica-e-did%C3%A1ctica