Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

Profa. Gloria Seoane Pesqueira

A Rede RIES organizou un Obradoiro de Metodoloxía de Investigación para os seus integrantes que se levou a cabo en dúas quendas.
A primeiro delas foi impartida pola Profa. do Dpto. de Social, Básica e Metodoloxía da USC Mª José Ferraces Otero, co título Tácticas na Investigación Científica, desenvolvéndose no mes de xuño ao longo de tres sesións, cunha duración de 12 horas. 

Asistentes aos obradoiros

Centrouse no uso e implementación do programa informático SPSS para a análise de datos nunha investigación científica, tanto en deseños univariados como en multivariados. Enmarcouse este curso nunha primeira parte adicada á investigación cuantitativa e que precedeu a unha segunda fase que foi destinada á investigación cualitativa.

Neste caso, a encargada de levalo a cabo foi a Profa. Gloria Seoane Pesqueira do mesmo Departamento da USC, durante o mes de novembro e tamén ao longo de tres sesións. O título, neste caso, foi Os Tests: proceso de construción e análise psicométrico. Levouse a cabo un ensino integral da materia co obxectivo de coñecer, en primeiro lugar o proceso a seguir para a construción dun test, ademias dos métodos e técnicas implicadas en dito proceso; adquirir as destrezas precisas para poder entender e valorar a información psicométrica relativa aos tests que xa están comercializados; a facer un uso axeitado dos mesmos e, finalmente, saber realizar a execución informática da análise psicométrica dun test cos correspondentes programas do paquete estatístico SPSS e interpretar os resultados obtidos. 

 

 

Home