Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

carla

Carla Cazelato Ferrari

Pedagoga formada pola Pontificia Universidade Católica de São Paulo ( PUC / SP ), con habilitación en educación de persoas con discapacidade audiocomunicativa (2007). Mestra en Educación polo Programa de Estudos Pos-Graduados en “Educación: Historia, Política, Sociedade”, da PUC/SP (2010), coa disertación titulada "As agrupacións espontáneas de mozos e adultos xordos: un estudo das súas traxectorias e composición".

Actualmente, é doutoranda do PEPG en “Educación: Historia, Política, Sociedade” (PUC/SP) e integrante do proxecto de investigación “O estado da arte da produção acadêmica em educação especial no Brasil” con financiamento do Conselho Nacional de Desenvolvimento Científico e Tecnológico, CNPQ-Brasil. O seu campo de investigación abarca estudos de educación especial, educación de xordos, procesos de escolarización e diversidade.

Realizou unha estadía de investigación de catro meses no seo do Grupo de Investigación ESCULCA desde o 9 de setembro de 2015.

Home