Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

Subcategorías

Os Grupos de Investigación que formamos a Rede de Investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade) queremos darvos a benvida como membros colaboradores a este proxecto conxunto de traballo en rede entre profesionais do ámbito social e educativo e entre distintas institucións e organizacións de Galicia. Con todos e todas vós xa levamos anos de traballo e inquedanzas compartidas.coop

Entre todos e todas esperamos ir construindo unha ferramenta de traballo dinámica, flexible e colaborativa que nos permita o intercambio de información e experiencias, mellorar a nosa formación e a transferencia de coñecemento e boas prácticas neste eido e mesmo noutros relacionados.

O que queremos é que sexa un espazo de todos e todas, e que favoreza un achegamento máis efectivo entre universidade e comunidade.

O que realmente importa é que camiñemos xuntos e nos comuniquemos con naturalidade pois só así poderemos facer e sentir esta plataforma como un foro de diálogo e, mesmo, de encontro entre persoas atentas e comprometidas coa mellora da realidade social e educativa.

MENÚ DE CONTIDOS:


Home