Carla Cazelato Ferrari
Pedagoga formada pola Pontificia Universidade Católica de São Paulo ( PUC / SP ), con habilitación en educación de persoas con discapacidade audiocomunicativa (2007). Mestra en Educación polo Programa de Estudos Pos-Graduados en “Educación: Historia, Política, Sociedade”, da PUC/SP (2010), coa disertación titulada "As agrupacións espontáneas de mozos e adultos xordos: un estudo das súas traxectorias e composición".
Actualmente, é doutoranda do PEPG en “Educación: Historia, Política, Sociedade” (PUC/SP) e integrante do proxecto de investigación “O estado da arte da produção acadêmica em educação especial no Brasil” con financiamento do Conselho Nacional de Desenvolvimento Científico e Tecnológico, CNPQ-Brasil. O seu campo de investigación abarca estudos de educación especial, educación de xordos, procesos de escolarización e diversidade.
Realizou unha estadía de investigación de catro meses no seo do Grupo de Investigación ESCULCA desde o 9 de setembro de 2015.
Enrique Ibarra Aguirre
Licenciado en Psicoloxía e Mestre en Educación pola Universidade Autónoma de Sinaloa, México.Na actualidade realiza Estudios de Doutorado na Facultade de Ciencias da Educación da mesma universidade onde desenvolve o seu traballo de tese que leva por título "Evolución del autoconcepto en sujetos escolares adolescentes".
As súas liñas de interese e investigación se centran en Suxeitos e Procesos Educativos e Formación Docente.
É membro da "Comunidad de Estudios Pedagógicos" que coordina o Dr. Héctor Manuel Jacobo García.
Desenvolveu a súa labor como profesor no programa de "Licenciatura en Ciencias de la Educación" na modalidade semiescolarizada atendendo ás seguintes áreas: "Comunidad y ambientes de aprendizaje" e "Psicología de la Educación I y II". Asemade, participou como profesor adxunto no programa de "Maestría en Educación" no seminario que leva por título: "Complejidad y profesionalismo en la formación docente".
Enderezo electrónico: ibagen2629@hotmail.com
Rafaela García López
Doutora en Pedagoxía, catedrática do Departamento de Tª de la Educación da Universitat de València. Ten publicado numerosos traballos sobre formación de actitudes, valores, educación intercultural e educación moral e cívica, entre os que cabe destacar: O profesorado universitario ante a ética profesional docente (2006), Revista Española de Pedagogía; Ética profesional docente (2010), Madrid: Síntesis.
É membro do equipo transdisciplinar con investigación financiada DER2009-13688.
Entre as colaboracións que levou a cabo coa Rede RIES, destacamos o Obradoiro sobre Aprendizaxe Cooperativo, que leva impartindo nos campus de Lugo e Santiago de Compostela desde hai sete anos.
Enderezo electrónico: rafaela.garcia@uv.es
Concepción Aroca Montolío
Profesora asociada no Departamento de Teoría de la Educación da Facultad de Filosofía y Ciencias de la Educación na Universitat de València.
Doutora pola Universitat de València coa tese La violencia filio-parental: una aproximación a sus claves.As súas liñas de investigación céntranse na Educación Familiar, Prevención de violencia filio-parental e dentro da parella, ademais da prevención e intervención con delincuentes.
Entre as colaboracións levadas a cabo coa Rede RIES, foi Profesora Visitante no curso 2011-2012 nesta Universidade impartindo os Seminarios Delincuencia xuvenil e violencia filio-parental: a intervención psicopedagóxica e Programa de prevención da violencia da parella: "La máscara del amor (LMA)", en marzo de 2012.
Enderezo electrónico: concepcion.aroca@uv.es
Juan José Leiva Olivencia
Licenciado en Pedagoxía e Doutor en Psicopedagoxía pola Universidad de Málaga. Máster European COunsellor for Multicultural Affairs polo State College of Teacher Education de Linz (Austria). Especialista en convivencia escolar, formación do profesorado, interculturalidade e educación inclusiva, ten numerosas publicacións sobre estes e outros temas educativos. É membro do comité científico de diversas revistas universitarias a nivel nacional e internacional. Autor de Convivencia y Educación Intercultural: análisis y propuestas pedagógicas (2011), ou Educación intercultural y convivencia en la escuela inclusiva (2012).
Investigador principal de diferentes estudios e proxectos de investigación, entre os que destacan Gestión de la diversidad cultural en contextos de participación comunitaria.
Ten colaborado co Grupo de Investigación ESCULCA en cursos de verán, así como estancias de investigación.Na actualidade é Profesor de Didáctica y Organización Escolar na Facultad de CC. da Educación da Universidad de Málaga.
Enderezo electrónico: juanleiva@uma.es