O realizador alicantino Xavi Sala leva adiante este proxecto audiovisual de oito minutos que fala de Fátima, unha nena española de relixión musulmana que se enfrenta á súa mestra porque non quere quitarse o veo islámico.
Trátase dunha apoloxía da tolerancia, non da prenda en cuestión. Sen emitir xuizos de valor, pretende que a xente se cuestione este tema tan controvertido.